Índice de contidos 01:39 Rosca que une 09:43 A luz das procesións 18:48 Baixo o trono: sacrificio e paixón 27:25 A paixón máis realista 35:32 Cregos, arte e tradición á beira de Portugal Tratamos daquelas tradicións propias e que sosteñen a semana santa, desde as máis sacras, as procesións e recreacións da biblia, ata ás máis pagás, como a a producción de velas ou a gastronomía desta época, por exemplo a tradición das roscas de pascua. Achegámonos ás semanas santas de Ferrol e Viveiro da man da experiencia dos portadores de tronos, tanto homes coma mulleres, a de Tui, relacionada coa súa senlleira catedral, unha das máis descoñecidas de galicia e á recreación da paixón en Paradela (Meis).