Durante o verán, cada recuncho de Galicia énchese de festas, animación e diversión. Neste eido, hai tradicións que se manteñen e novos costumes que chegaron para quedarse. “Vivir Aquí” fala dos imprescindibles da festa. Sexa grande ou pequena, hai elementos que non poden faltar nunha festa como o bar da comisión, a sesión vermú ou os foguetes. E en moitas casas a celebración chega ata as cociñas. Os reporteiros coñecen os que van de festa en festa como os rosquilleiros e os que, polo seu vencello co lugar, se converten en pregoeiros.