A Virxe do Carme é a patroa dos mariñeiros e da Armada. A festa vívese de xeito especial nas vilas costeiras, onde os veciños traballan durante meses para manter a tradición, que tamén lembra o risco ao que se enfrontan todos os que viven do mar. O programa amosa como preparan esta festa dúas comisións de veciños: os de Cabo de Cruz e os de Camariñas, onde, ademais da procesión marítima, manteñen unha curiosa danza tradicional: a danza de Arcos. Carme é un dos nomes de muller máis populares. Tanto como que a maioría das mariscadoras de Vilanova de Arousa que nos presenta “Vivir Aquí” están tamén de santo. Son ademais festas de reencontro familiar, como o que o programa presencia en Marín cos futuros oficiais que remataron a instrución a bordo do buque escola Juan Sebastián Elcano