Febreiro é o mes por excelencia dos namorados e hai parellas que poden dicir aquilo de “este é o amor da miña vida”. Estamos afeitos a ver amores de película, historias cheas de paixón que nos fan suspirar por un amor que non sempre atopamos. Pero existe ese amor verdadeiro? Amores tan intensos coma o dos protagonistas dunha serie de televisión? O programa amósanos verdadeiras historias de amor, co testemuño en primeira persoa varias parellas de namorados con vivencias intensas, emotivas e sorprendentes. Como a historia dunha militar e un músico que lle pediu que casase con el no “Luar”, unha parella que se coñeceu na comuna do Foxo, unha moza de Letonia que atopou en Galicia o amor da súa vida e un home e unha muller que levan xuntos 60 anos. Dúas das protagonistas da serie “Pazo de Familia” (Maika Braña e María Vázquez) falan do verdadeiro amor da súa vida. Son dúas actrices que na ficción están namoradas do mesmo home, pero na vida real teñen unha relación moi consolidada coas sú