“Vivir aquí” acórdase dos que levan présa a última hora ou non saben por que manxares decidirse para as comidas do Nadal. Así, cinco pezas van traer unha chea de propostas saborosas e doadas de preparar, como receitas que van desde o tradicional bacallau con coliflor ata unhas ameixas á mariñeira. Como complemento aos pratos principais da Noiteboa, “Vivir aquí” informa dunha ampla carta de viños, no que non faltan marcas galegas. E, para completar, o programa deleita os espectadores cun menú do Grupo Nove, o colectivo de cociñeiros de vangarda en Galicia.