Receitas con sabor feitas con produtos de temporada. O programa “Vivir Aquí” fala de comidas que no verán arrasan. Por diante preséntase un calendario cheo de festas, xuntanzas familiares e romarías e en todas hai comidas que nunca fallan: hortalizas de temporada, tesouros na beira da ría, carne asada a lume lento e un peixe que conserva toda unha cultura arredor da pesca.  Así, o programa ofrece reportaxes sobre as comidas típicas das romarías, as ameixas do Carril, os pementos de Herbón, o bonito de Burela e o carneiro ao espeto de Moraña.