Que este Nadal vai ser diferente está claro, pero os prolegómenos non están sendo fáciles para decicir como afrontalo. Neste día de noiteboa, escollemos a Costa da Morte para chequear a pé de rúa como vive a xente este periodo tan significativo e tan dificil este ano, dende comerciantes, ata hosteleiros e veciños de localidades como Fisterra e Muxía. Mesmo nos achegamos ao novo parador de Muxía, que tiña neste 2020 o seu ano de referencia de apertura.