O programa céntrase na música e as súas posibilidades. Mostra as diferentes opcións para crear os chamados instrumentos pobres, nos que a función segue sendo producir son pero a partir de utensilios que se poden encontrar en calquera casa, como unha vasoira ou unha lata. Ademais, vemos a posibilidade de aprender unha lingua a partir da música. É o que lle pasou ao grupo de nenos Furious Monkey House, que comezaron a tocar co seu profesor coa intención de aprender inglés e agora as súas cancións son un éxito en todo o país. “Vivir aquí” tamén nos ensina que se pode aprender a tocar de oído e amósanos a evolución da guitarra ao longo dos tempos.