Índice de contidos 01:40 A solaina cara a Tambo 09:07 Á beira do Arnoia 19:02 Un curral entre O Barbanza e Arousa 29:08 Un verxel no centro de Compostela 37:52 Cíes: ollar, gozar e conservar O Vivir aquí chega ao remate dunha nova temporada, e xa van aló 500 capítulos con este título, que, basicamente, quere darlles voz aos que poboan esta fermosa esquina do mundo. E para irnos de vacacións propoñémos alternativas de ocio. Os espectadores da Televisión de Galicia, no programa Fun polo aire, votaron as mellores 5 terrazas de bar que se poden atopar por Galicia adiante. Sen dúbida, son lugares agradables onde estar, pero sobre todo destacan polo que podemos ollar ou gozar nos seus arredores. Neste Vivir aquí visitámolas e ollamos o máis destacado da súa paisaxe para darlle protagonismo nas nosas reportaxes.