O VIVIR AQUÍ deste sábado 20 de abril, previo ao Domingo de Pascua dálle protagonismo á figura das madriñas e dos padriños, propia destas datas, cando era costume, agora menos, agasallar a afillados e afilladas. Falamos con madriñas e padriños de sona, que ademáis da súa experiencia privada como afillados e madriñas e padriños, tamen teñen unha faceta solidaria que os leva a amadriñar e apadriñar causas moi variadas. Hai moitos galegos que teñen esta dobre faceta. A actriz e presentadora da TVG, Lucía Regueiro, que amadriña proxectos de UNICEF; o coñecido ciclista Álvaro Pino que apadriña DISCAMINO, unha asociación de discapacitados que fan ciclismo; a cociñeira do Grupo Nove Beatriz Sotelo, que deixou o coñecidísimo Restaurante a Estación de Cambre e agora dá clases a futuros cociñeiros e cociñeiras; e o reputado médico Manuel Garrido Valenzuela que dedica parte do seu tempo a operar de balde a nenos de países de América do Sur e África.