A Televisión de Galicia celebra cun Especial Luar a fin deste controvertido 2020. É un Luar diferente que tivo que se facer no medio de estritas normas de seguridade sanitaria. Conta a historia deste ano e nel van participar , ademáis de artistas de renome, moitos dos traballadores e caras coñecidas da TVG, que lle contarán a Gayoso e a audiencia como foi traballar este ano.