O programa adéntrase nos preparativos da temporada alta, a de verán, a que enche as vilas de turistas e visitantes, algunhas delas mesmo parecen outras durante estes meses do ano.Os reporteiros e as reporteiras diríxense a Sanxenxo, un clásico do veraneo en Galicia; Caión, unha vila pequena que multiplica a súa poboación no verán; Arzúa, onde conflúen tres camiños cara a Compostela e ven pasar peregrinos constantemente; a Quiroga, onde as minas de ouro romanas son un atractivo para un turismo emerxente. O equipo do programa tamén fala con feirantes que se gañan a vida de festa en festa no verán.