Os reporteiros e as reporteiras de “Vivir Aquí” percorren algunhas das cidades e vilas de Galicia en que se vive con máis devoción á Semana Santa.  Nico Campos visita Ferrol para ver como as confrarías preparan as procesións. Alí, conversou, entre outros, con José Ramón Cancelo, comisario da confraría das Angustias, fundada en 1768. Rosa Bello desprázase a Viveiro, onde están previstas 15 procesións ao longo dos vindeiros días. Ademais da súa importancia relixiosa, a celebración atrae moitos visitantes e polo tanto supón un impacto económico para a vila. Julián Gómez está en Santiago de Compostela para achegarse non só as confrarías, senón tamén á cociña do Hotel Monumento San Francisco, onde se preparan algunhas das especialidades gastronómicas destas datas. En Camariñas, a Semana Santa vai ligada a Mostra do Encaixe, como conta Xulia Piñeiro, que conversa con algunhas palilleiras e comproba a devoción que senten na vila pola Virxe do Carme. Na procesión central da Semana Santa, a i