Son diferentes, pero son. Os Reis Magos chegan coma cada ano preto de todos os nenos e nenas en Galicia, pero o formato das tradicionais cabalgatas tivo que mudar. Eliximos unha vila galega, Redondela, como exemplo de como se tiveron que organizar este ano as visitas dos Reis Magos. E falamos cunha empresa especializada en facerlles as carrozas, que tivo que adaptar os seus deseños ao feito de que este ano as distancias teñen que cumprir a norma.