Vivir aquí desprázase a Sabucedo, unha pequena aldea do concello da Estrada, que celebra a súa Rapa das Bestas, declarada de Intererese Turístico Internacional. Tamén pasa por outras localidades galegas que conservan tradicións semellantes co fin de rapar, marcar e desparasitar os cabalos que viven no monte en liberdade. En concreto, o programa visita os curros de Morgadáns e de San Cibrán de Donas.