O equipo do programa acompaña a mariscadoras e mariscadores a recoller ameixas, navallas ou mexillóns e entra en restaurantes de todo tipo, desde os máis accesibles ata os prohibitivos, para coñecer distintos xeitos de preparar o marisco. O programa preséntanos unha especie pouco coñecida nos mercados español e europeo, pero que se vende como unha auténtica delicia en China e O Xapón, ata o punto de ser considerado o marisco máis caro do mundo: a orella de mar ou abalón. Adeamais, “Vivir Aquí” achéganos a unha profesión non moi coñecida e relacionada co mundo do mar: a do “ferreiro dos mariscadores”, aquel que se encarga de confeccionar as súas esportas de xeito personalizado, con distintas formas e tamaños.