Índice de contidos 01:35 Escollemos autocaravana 12:20 Vivir a autocaravana 21:53 Familias asociadas polas autocaravanas 33:18 Os límites da liberdade Viaxar e facer turismo empregando unha autocaravana consolídase como unha das alternativas preferidas por moitas familias, parellas, novos e xubilados, e sobre todo grupos de amigos que queren percorrer mundo sen as ataduras dos medios de transporte públicos e aloxamentos hosteleiros. Xa non é a opción máis barata, agás que se teña unha autocaravana en propiedade e se sexa un auténtico viaxeiro durante todo o ano.