Índice de contidos 02:31 Rede Galega do Cancro de Colon 07:40 Nanoterapias contra o cancro 12:48 Diagnóstico por análise de sangue 18:00 Das propias defensas ás inmunoterapias Na semana na que se celebra o Día Internacional de Loita contra o cancro, achegámonos ao máis novidoso en investigación desta doenza. Segundo o Observatorio da Asociación Contra o Cancro, en Galicia cada ano se diagnostican uns 20.000 novos casos, é dicir hai uns 700 pacientes por cada 100.000 habitantes. Enténdese pois a cantidade de investigación que se está realizando nesta materia, que está facendo que términos como inmunoterapia ou nano-oncoloxía empecen a ser un presente que mellora moito o futuro dos que padecen cancro. Coñecemos a REGICC, a rede Galega de Investigación do cancro Colorrectal, un dos de maior incidencia en Galicia,  que ten xa uns 30 grupos de investigadores en hospitais e universidades galegas obtendo resultados atendidos en todo o mundo. Tamén nos achegamos aos que desenvolve