José “Ventosa”, a quen a súa afección ao ciclismo vénlle xa de familia, non o tivo doado. De neno non lle deixaban andar en bicicleta. Pero esa paixón creceu e tamén lla transmitiu aos máis novos. Empezou organizando carreiras ata que montou o Club Ciclista Betanzos. José foi un pioneiro, non só adestraba os nenos, senón que lles inculcaba amor pola natureza, disciplina, responsabilidade nos estudos... Vén desde Betanzos acompañado de Javier, un deses rapaces contaxiados polo entusiasmo de José que leva toda a súa vida ligada ao ciclismo. Javier Enrique é arxentino de nacemento pero galego de ascendencia, de corazón e por matrimonio. Leva xa máis de 40 anos na terra dos seus antepasados e sempre tivo paixón pola música. Os dous lugares que marcan a súa vida, A Arxentina e Galicia, teñen reflexo no seu proxecto musical: adaptar cancións galegas como a Rianxeira a ritmos tradicionais latinoamericanos. Acode ao programa desde Cariño con Gonzalo, un amigo de toda a vida co que tamén compa