Leticia é unha granadina que acabou en Narón por amor e que sente a ausencia da súa nai por estar a moitos quilómetros de distancia. Nin Leticia nin a súas fillas poden gozar dela. Isto fíxolle pensar que non debía ser a única familia á que lle acontece isto e, para remédialo, puxo en marcha unha páxina web para poñer en contacto a persoas maiores que queren ter preto un neno ou nena, con nenos que non teñen avós e desexan telos. As persoas maiores porque teñen moito cariño que dar, e os nenos porque o destino lles impediu ter un avó ou avoa na súa vida. Coñecemos dous casos que contactaron con esta web: Cristina, unha nai que busca avó para a súa filla, e Mari Carmen, unha avoa “postiza” que, con só escoitala, un dáse conta de todo o amor que ten para dar. A seguinte convidada, Jorgelina, é arxentina. Emociónase ao falar do corralito que a trouxo a Galicia. Veu co seu marido e, a pesar dos intentos por volver, sente que este é o seu sitio. Deixara atrás a súa principal paixón, a músi