Paco é un amante do rural que se define como un espírito libre. Despois de marchar da cidade ao campo para cumprir o seu soño, ser cabreiro, tivo que buscar un oficio máis rendible, pero sen esquecer as tradicións. Agora é filloeiro e segue vivindo na aldea á que chegou con 20 anos: Pinzás, en Tomiño. O avó de Olga, outra das convidadas, iniciou en Lugo unha saga familiar dedicada ás zapatillas. Mesmo cando o seu pai medrou e saltou ao calzado xeral non abandonou as modestas zapatillas que chegaron a salvarlle o negocio cando viñeron mal dadas. Olga non tiña pensado seguir, pero non puido deixar caer aquela pequena tenda na Praza de Lugo que tiña tantos recordos para ela. Modernizouno e hoxe non só ten dúas zapatillerías na cidade da muralla, senón que montou unha tenda on line para que sexa doado chegar a todo o mundo coa moda cómoda para os pés. Carmen e Sonia coñecéronse hai máis de 30 anos, grazas á súa afección polos calendarios de bolso. Entre as dúas teñen uns 130.000 calendar