Paco Mi Vida, o primeiro convidado do “Vivan as Tardes!”, é un personaxe. Con aspecto de home bonachón e o seu chaleco e pantalóns de pana, é un gran contador de historias, de contos e de chistes. Fala amodiño e con retranca e recoñece que o apodo de “mi vida” lle vén de seu tataravó. Dedicado toda a vida á carpintería, a fama chegoulle xa de maior, despois de participar nun concurso de chistes da TVG. Pilar ten 70 anos, pero o entusiasmo dunha muller de 30. Di que na Lama se aburre un pouco, pero que lle tira a familia, as fillas e os netos. A súa vida está en París, onde pasou máis da metade da súa existencia, traballando nalgúns dos edificios máis emblemáticos, como o Sacre Coeur e Notre Dame, facendo roupa para o clero, tapetes, panos e ornamentos que adornaban as basílicas. Agora vive cun pé aquí e outro alí, e segue cosendo e axudando sempre que a chaman.  A vida que tiñan prevista para Martín, fillo de hostaleiros do Grove, non acababa de “cheirarlle” ben. Malia que acabou os