O programa recibe a Virgilio Moure, de 95 anos, que foi profesor durante case corenta no colexio compostelán Peleteiro. Hai trinta que se xubilou e a súa vocación pola docencia apréciase cando rescata os recordos. Falar con Virgilio é falar de avogados de éxito, de lendarios políticos futbolistas e ata maxistrados do Tribunal Supremo, que pasaron polas súas aulas. Ángel Carracedo, experto en xenética de recoñecido prestixio internacional e ex-alumno de Virgilio, agarda sorprendelo e emocionalo coa súa aparición no estudio e compensar a súa ausencia na homenaxe que os antigos alumnos lle fixeron a don Virgilio recentemente. Ás seguintes convidadas, María e Lores, sepáranas 36 anos, pero teñen moitas cousas en común. As dúas sufriron por amor pero souberon tomar as rendas das súas vidas para ser felices. María, de Vigo, separouse con 61 anos e agora é unha auténtica raíña que quere atopar ao seu rei e levalo ao baile, de viaxe e aos partidos do Celta. Lores, de Arcade, non se queda atrá