No sofá de “Vivan as Tardes!” sentan Fina e Miguel, unha parella de Vigo que empezou a súa relación nun Simca 1000 e levan xuntos máis de 40 anos. Tamén o mellor xefe de sala dun restaurante: Óscar, de Negreira, fala dos seus méritos e do seu oficio.  Outro dos convidados desta tarde é Pedrón, do Vilar, un home que cura os males dun xeito moi particular. Ademais, coñecemos a Olga, de Cambados, que trae dúas cadeliñas preciosas para adoptar.