“Vivan as Tardes!” conta coa presenza de José Luís e Ramiro, dous lalinenses que traballaron arreo para darlle sona ao cocido da súa vila. Tamén está no programa Maca, unha pioneira ferrolá que foi a primeira enxeñeira naval nun mundo de homes. Un experto en mascotas mostra algúns dos animais de compañía máis peculiares, mentres que Beatriz, desde Ferrol, desmonta co seu exemplo todos os tópicos arredor do kickboxing.