Lola pasa polo programa para contar como emigrou a Holanda nos anos 70, e de alí volveu con Jan, un holandés que hoxe é máis galego ca ela. As presentadoras Yolanda Vázquez e Pili Pampín tamén conversan con Bea, a nai de Alex, que é todo sensibilidade e que coa súa historia demostra que as inxustizas que sufriu fixérono mellor persoa.Ademais, o espazo das tardes da TVG conta coa visita de Santiago, que amosa que as limitacións físicas non poden con el, aínda que ás veces desespere a Ana Belén, do que falan hoxe.