Manolo Couto chega desde Arteixo para contar as súas andanzas coas orquestras e como cantante solista. Tamén vai cantar ao final do programa. Unha parella de Susos vén desde A Estrada. Un deles pediralle matrimonio ao outro diante da nai deste. Como reaccionarán ambos os dous? A vida de Luisito en Touro está chea de teimas e a de José Manuel en Ferrol está marcada polo número 13. E a de Abel pola pintura: vén desde Sanxenxo para ensinarlle a Pili Pampín e Yolanda Vázquez como é capaz de pintar do xeito máis orixinal.