“Vivan as Tardes” recibe a Víctor e Ramón, campaneiros que nos amosan os segredos do repenique das campás, e a Pacheco e Santiago, dous homes que pasan a vida contando contos e historias. O espazo das tardes tamén dedícalle tempo ao amor coa historia de Cadi e Alfonso, que levan dous anos aturando as prohibicións do pai dela.