Marta, unha das protagonistas en “Vivan as Tardes!” cambiou unha vida cómoda e distinguida pola entrega a unha granxa que levantou de cero e hoxe é un referente: a Granxa Maruxa. Vén acompañada da súa irmá e da súa nai para falar deste cambio.  Brus xubilouse como can policía e Marta e Pablo adoptárono porque querían darlle a vida que merecía un heroe de catro patas.  O programa tamén recibe a Teresa e Manuel, que mocearon na sala de proxección dun cine antigo. Quizais por iso viviron un amor de película e agora van celebrar as vodas de ouro.