Álvaro ten “ósos de cristal”, e, a pesar diso, o seu palmarés está cheo de triunfos deportivos, mesmo participou nas olimpíadas de Sydney e Pequín. El e a súa nai dán testemuño da súa valentía no “Vivan as Tardes!” de hoxe.Ademais, Cándido, que elabora xogos populares artesanalmente, leva algúns da súa colección ao programa para lembrar como se divertían os nosos maiores, que nun inocente xogo cos irmáns podías quedar lesionado.As presentadores Yolanda Vázquez e Pili Pampín tamén están con Vanessa e Alex, ela é tenenta do exército do aire e el percusionista. Como poden encaixar dous espíritos tan dispares? Os espectadores poden comprobar como, con moito amor, contaxiáronse mutuamente as súas respectivas habilidades.