Amelia e Luís viviron unha relación amorosa peculiar, estiveron dous anos de mozos ás agachadas e mesmo a nai dela non foi á voda. Hoxe queren compartir as súas vivencias no programa “Vivan as Tardes” da Televisión de Galicia. Coñecemos a María, que aínda sofre o machismo na súa profesión. É taxista e cazadora, e, por riba, a súa nai non lle gusta que cace e a seu pai non lle gusta que sexa taxista. Tamén nos presentan a Martín e Yoni, dous irmáns xemelgos que non poden ser máis diferentes.   Ademais, as presentadoras Yolanda Vázquez e Pili Pampín conversan con Juan Folla, que debido ao seu apelido malsoante tivo que aguantar moitas burlas. Fala deste problema e aproveita para presentar o seu novo single.