Carmen, a inventora do “Clavaíto”, volvea “Vivan as Tardes”, acompañada nesta ocasión das súas netas, Rita e Melissa, para divertir os espectadores cos seus consellos e a súa picardía.  Tamén veñen Charo e Jaime dende Arteixo para contar a súa incrible historia de amor: estaban esperando un fillo xuntos cando ela aínda non se divorciara do primeiro marido. Noutra historia coñecemos a Paula, unha rapaza que destacaba como brillante avogada pero deixou o despacho polo reiki, unha medicina alternativa xaponesa. Os seus pais, que tanto loitaron por darlle unha carreira, contan que están tan felices coma ela.