Manuel emigra con 18 anos a Suiza para buscar unha vida mellor e no 94 volta a Galicia para estar preto da familia. Aquí ponse a traballar como taxista, profesión na que xa leva preto de 10 anos. Ademais, é un afeccionado a facer tallas de madeira con anacos que atopa tirados. Anxo e Roi son dous irmáns que non superan os 18 anos e xa tocan máis dunha ducia de instrumentos musicais. Comezando polo acordeón, pasando as cordas das guitarras, logo polos instrumentos de vento, coma a gaita, e rematando na percusión.. A explicación hai que buscala, ademais da súa capacidade innata, no apelido que teñen, Xesteira. O seu pai, Xaquín Xesteira, é fundador de Treixadura, a súa nai é músico profesional e a súa avoa profesora de piano. Na súa casa hai medio cento de instrumentos. Carlos fai o mesmo que desde hai moitos anos facían seu pai, o seu avó e bisavó. Seleccionar, escoller produtos galegos de calidade e ofrecerllos ao consumidor. A súa familia facíao dende Lugo visitando feiras de toda G