Quen pensa que a súa xubilación é o final? Para María Xosé esta etapa é o mellor da vida. Canta desde nena pero nos últimos 14 anos, non hai fin de semana que non vaia ao karaoke. Ten un gran rexistro interpretativo: Paquita la del Barrio, moitos boleros ou os Billos Caracas Boys. E agora é coñecida como “María da Chona, a voz de Miño”. Vén acompañada do seu mozo Nicolau. Namoraron hai 14 anos por internet. Encántalles pasar o tempo xuntos viaxando, reformando a casa, indo ao karaoke ou coidando dos seus cans. Só lles queda un soño: Percorrer México. O seguinte convidado, Xavier, ten paixón polas vacas desde que era moi pequeno. Os compañeiros e amigos non lle seguían a súa afección, pero el sabía que iso era o que quería facer na vida. Hoxe é xuíz de concursos morfolóxicos de vacas, e dicir de vacas guapas. Tamén é xuíz internacional, que di que é como “un eurovisión de vacas”. A familia de Maximino tiña unha autoescola, polo que estivo relacionado co mundo do tráfico desde que era un