Jesús ten unha vida que podería ser narrada no cine e moitos pensarían que sería ficción. Tivo 19 irmáns; con 13 anos escapou da casa para comezar unha nova vida en Bilbao; traballou moitos anos en África e gastou milleiros de euros en levar as mellores orquestras á súa vila. Conta con tres habilidades que o fan único: é un experto contador de chistes, conduce e xoga ás cartas coma ninguén e é quen de reter milleiros de números na súa cabeza.  Vilavidal é unha poboación ourensá duns 120 habitantes que este ano fai un século de vida. Unha ocasión tan especial non podía quedar sen celebrar, así que Juan, Norys e Chechu xuntáronse con outros veciños para crear a Asociación Cen Anos de Vilavidal. Entre todos, están documentando a historia da vila, con fotos antigas e documentos, ademais de preparar unha celebración para a que xa teñen apalabrada a orquestra Panorama.  Tamén está no estudio Antonio, que pasaba pola escola e pola panadería dos seus pais coa mesma frecuencia. Desde cativo é f