As Pandereteiras da Baña son un grupo de mulleres de todas as idades amantes da música tradicional. O grupo creouse hai sete anos e, malia que case ningunha sabía tocar a pandeireta, conseguiron aprender a pasos axigantados. Contan con tres grandes segredos: a música percorre as súas entrañas, son moi autocríticas e teñen como profesor a Emilio Lois, un dos gaiteiros máis recoñecidos da música popular. Veñen ao programa para falarnos dos seus comezos, dos seus medos escénicos e da súa vida cotiá e tamén para ensinarlle a Pili Pampín a tocar a pandeireta.  Carlos Conde é un home feito a si mesmo. Con 14 anos sabía que a súa paixón era a barbería e díxollo aos seus pais, quen o obrigaron a compatibilizar o instituto e os estudos de peiteado. Con 18 anos abriu a súa primeira barbería e con 24 tiña xa 15 traballadoras ao seu cargo. A partir de entón comezou a súa expansión nacional e agora traballa para dar o salto internacional. Xa o entrevistou a revista Forbes, percorre cada  ano máis