A busca do Augusta segue o seu curso. Mentres os tripulantes do Medusa comezan unha colaboración cun grupo de investigación da universidade, que lles permita chegar antes os restos do barco, a tripulación do Arredemo opta por métodos máis tradicionais como o do chivo expiatorio. E é que o Chino teno claro: se cada vez que saen ao mar algo se torce, é porque Muxo ten gafe, así que a solución é botalo do barco. O problema é que Muxo, á parte de ser un home que sabe demasiado da vida dos demais, ten recursos ilimitados. Alleo a todo isto, Héctor vive impresionado pola comida de Carmela e cre que debe dala a coñecer máis alá das fronteiras de Dorneda, para o que convidará á vila a Pedro, un crítico gastronómico amigo seu, coa intención de darlle unha sorpresa á cociñeira. Na casa de Charo, a adaptación ao “Dorneda way of life” de Héctor e Lupe semella que non vai por bo camiño. A insitencia da caseira por coidar en extremo os seus hóspedes non parece encaixar nos usos e costumes dos forán