Dorneda está preparada para a voda entre Héctor e Carmela, pero, lonxe de ser un día tranquilo para os noivos, os problemas non deixan de medrar. A denuncia de Héctor polo roubo do Serenity seguiu o seu curso e acabou coa detención de Manel. Algo lóxico pero embarazoso, xa que se trata do pai de Carmela e, por tanto, o seu futuro sogro. A súa prometida intentará por todos os medios que Héctor rectifique e axude o seu pai a saír do calabozo, o que colocará ao cazatesouros nunha situación moi comprometida. Se non axuda a Manel a recuperar a súa liberdade, a súa voda corre perigo; pero, se o fai, estará a pasar por alto que el e os seus amigos cometeron un roubo. Mentres tanto, Chinés, Macario, Muxo e Encarna seguen adiante coa procura do Augusta. Agora que teñen as coordenadas, non tardarán moito en dar co pecio afundido. Pero aos poucos a desconfianza entre eles fará que as cousas se compliquen. Malia todo, os preparativos para a voda entre Carmela e Héctor seguen adiante. Mesmo chego