Unha especie de terremoto sacudía Dorneda na entrega da semana pasada de “Viradeira”. Todas as parellas da serie vían como as súas relacións se cambaleaban violentamente e, aínda que ao final só acabou lesionado o traidor de Chino, o capítulo terminaba con tres separacións e un compromiso de voda.Maca rompeu co Chino ao descubrir que fora o amante de Patri. Alfredo abandonou a súa casa e partiu cara ao Gran Sol, ao descubrir a historia de Chino coa súa muller. O Americano deixou plantada e sen tesouro a aparentemente desapegada Lupe; e os únicos que chegaron a bo porto foron Héctor e Carmela que, tras unha fonda crise e unha breve ruptura, optaron por dar o paso do compromiso matrimonial. Así pois, soan campás de voda en Dorneda.Aínda que non todo son boas noticias para Héctor esta semana. A Fundación Lagares non está moi contenta co seu traballo. Para o tempo que levan en Dorneda el e a súa compañeira, os avances non foron significativos e os últimos acontecementos co Americano non fi