O Americano localizou os restos do Serenity e conta co apoio e a colaboración de Encarna e de Manel para sacar os restos á superficie. Pero, se queren facelo, antes terán que deixar a Héctor en fóra de xogo.  Mentres, o cazatesouros non perde o tempo. Parece seducir a Lupe, a compañeira de traballo de Héctor. Charo, a súa caseira, sábeo e advertiralle sobre o dano que lle pode facer esa relación. Pero a moza científica cre que ten controlada a situación e ata ten un plan. Mentres tanto, Roxelio acode a unha reunión moi importante, que podería decidir o futuro de Dorneda. Queren presentarlles a un grupo de políticos de alto nivel un proxecto para crear unha asociación para a procura de barcos afundidos. Roxelio sabe que polo estómago se pode seducir a calquera e nada mellor para a ocasión que unha boa comida en Casa Carmela, polo que encargará persoalmente un menú do máis tradicional e para alarde dos produtos da terra. Pero Toño, o chef máis moderno do mesón, aproveitará a ocasión par