A procura do Augusta continúa na serie “Viradeira”. Héctor e un equipo de arqueólogos estudan a tumba de Adam Finn, o único sobrevivente do naufraxio, en busca dalgunha pista que lles achegue ao pecio. Atopan un anaco de folla que podería pertencer ao caderno de bitácora, pero deste non hai nin rastro.Como o vai a haber se xa o roubaron Alfredo e compañía, que, tras traducilo, saben que existe un mapa escondido no interior dun compás, que, segundo as investigacións, ha de estar en posesión do último descendente de Finn: Toño. Este compás pode levalos directamente ao Augusta e, polo tanto, deben conseguilo, aínda que para iso teñan que asaltar a casa do cociñeiro. O cociñeiro, pola súa parte, está decidido a abandonar Dorneda, pero antes de facelo quere axudar a Carmela a atopar un substituto á altura, sobre todo, tras o anuncio de Roxelio de que unha ilustre personalidade vai visitar a vila: Núñez Feijóo.Mentres, tras instalarse en casa de Charo, Tito está aínda máis confundido do habi