Carlota e Pedro volven estar fronte a fronte con moitas explicacións que pedirse o un ó outro, tras o distanciamento dos últimos capítulos. Pero a chegada de Lívia, a nai desta, impídelles falar, polo que terán que citarse na cova. As irmás Perliquitetes, que ven marchar a Pedro do hotel, escandalízanse ante a confirmación da súa relación con Carlota. Porén, grazas á axuda de Sao, Carlota consegue improvisar unha escusa ante súa nai para poder acudir á cita con Pedro.