“Vaia Troula” viaxa ata o concello de Forcarei para participar na Romaría de Nosa Señora do Aciveiro. A reporteira Belén Vara achégase en Culleredo á sardiñada da parroquia de Castro e Laxe. Ariadna Leis visita o concello de Cabana de Bergantiños para pasar un día de troula a esgalla celebrando a Festa do Porco ao Espeto na parroquia de Esto. María Blanco participa na Feira Franca de Pontevedra, unha espectacular viaxe á Idade Media que atrae todos os anos centos de visitantes. O equipo de “Vaia Troula” tamén está nas festas na honra da Santa María en Vilalba, na Exaltación das Filloas de Cotobade, na Feira do Románico de Negreira e na Baixada de Carros de Bólas no Freixo, en Vigo.   A Feira da Cebola de Sanxenxo, a Romaría da Virxe da Pena de Francia en Dozón e as Festas da Santa María da Cabeza en Oleiros completan o menú trouleiro desta semana.