O domingo pola noite "Vaia Troula" viaxa ata Sanxenxo para participar no inicio das festas grandes deste concello. O programa tamén lles prestará especial atención ás festas de María Pita, na Coruña, que esta fin de semana rematan cunha chea de actividades. Ademais as reporteiras estarán moi pendentes das celebracións de San Bartolomeu e San Vitoiro que enchen Galicia de devoción, alegría, boa comida e música."Vaia Troula" estará en Sanxenxo para participar no xa tradicional Día do Turista. A presentadora Nieves Rodríguez será unha máis nesta celebración en que haberá unha gran sardiñada, música de grupos galegos e portugueses, e milleiros de persoas gozando da festa e o bo tempo.O programa deste domingo tamén fará un especial seguimento das festas de María Pita, na Coruña. Deste xeito a reporteira Belén Vara estará na Romaría de Santa Margarida, unha celebración que lles pon o broche de ouro ás festas da cidade herculina. Incluso terá tempo de achegarse pola clásica travesía a nado da