Nieves Rodríguez estará presente no tradicional Domingo das Mozas, que é un dos días máis importantes da festa. Nesta xornada, as rúas de Lugo convértense no escenario de ducias de grupos folclóricos e dun impresionante desfile de traxes galegos. E, como non podía ser doutra forma, a presentadora tamén acudirá ás casetas do polbo para comer este delicioso manxar.  Pola súa parte, Belén Vara terá a oportunidade de pasar o día de San Froilán cos veciños de Lugo, que senten verdadeira paixón pola súa festa. Xunto a todos eles, os espectadores gozarán da troula e coñecerán os recunchos máis atraentes da cidade.