A presentadora Nieves Rodríguez estará no concello coruñés de Porto do Son, onde celebran a popular Festa Hortera. Nesta xolda, que este ano alcanza a maioría de idade, centos de persoas saen ás rúas da vila para gozar da música e das vestimentas máis estrafalarias.  Pola súa banda, a reporteira Ariadna Leis irá ata o concello de Catoira para vivir a súa espectacular romaría Vikinga, na que o desembarco é o momento máis emocionante. Ademais, Belén Vara achegarase ata a localidade pontevedresa de Baiona, onde celebran un ano máis as festas da Anunciada, que contan cunha impresionante procesión culminada cunha fermosa danza de espadas. E Antía Muíños viaxará á parroquia de Cabeiras, no concello de Arbo, para unirse á tradicional romaría de San Fins, trátase dunha festa cargada de simbolismo, e, como non, tamén de boa comida e moita troula. As cámaras de "Vaia Troula" tamén estarán presentes na festa da Carballeira de Zas, na romaría da tortilla de Laro, en Silleda, e na exaltación da sar