Ata alí acoden milleiros de persoas para pedirlle favores ao santo das embarazadas e para gozar da música das charangas e da mellor comida campestre. Pola súa parte, a reporteira Belén Vara viaxará ao concello de Fene, onde celebran a Festa de San Ramón de Sillobre, con música tradicional e unha fermosa procesión en que non falta ninguén. En Vilalba, o día de San Ramón é un dos máis importantes do ano. Así que ata alí irá Ariadna Leis para compartir cos veciños unha xornada de troula. A reporteira tamén pasará pola parroquia do Esto, no concello de Cabana de Bergantiños, coa firme intención de pasalo en grande na festividade de San Ramón. O programa estará moi pendente doutras festas importantes destes días. Ese é o caso da clásica romaría da Virxe da Guadalupe da Grela, na Estrada, en que participará Belén Rivero. As cámaras de “Vaia Troula” tamén estarán presentes na Festa de San Campio de Valadares, en Vigo, na Exaltación do Cordeiro de Chandrexa de Queixa e na Romaría Campestre d