A presentadora Nieves Rodríguez estará nesta ocasión no concello pontevedrés de Forcarei, onde celebran a Romaría da Nosa Señora de Aciveiro. Neste fermoso lugar, situado no corazón de Galicia, a devoción pola Virxe e a comida campestre son as grandes protagonistas do día. Pola súa parte, a reporteira Antía Muíños irá ata o concello de Moraña para vivir en primeira persoa a multitudinaria Romaría da Virxe dos Milagres de Amil. Nesta celebración os sentimentos e a emoción están a flor de pel. Belén Vara achegarase ata o concello coruñés de Muxía, onde ten lugar a fermosa festa da Virxe da Barca, á que tamén acoden milleiros de persoas para cumprir as súas promesas e participar nos rituais das pedras máxicas. E Ariadna Leis viaxará a Taboada, na provincia de Lugo, para gozar da Queima das Fachas de Castelo. Trátase dunha tradición milenaria chea de simbolismo, e, como non, de moita festa. As cámaras de “Vaia Troula” tamén estarán presentes na Festa de Santo André de Teixido, en Cedeira,