A presentadora Nieves Rodríguez estará no concello pontevedrés de Lalín, na parroquia de Doade, onde celebran a XVIII edición da malla tradicional. Trátase dunha celebración que rememora o traballo no campo dos nosos avós, na que tampouco faltará a boa comida e unha divertida foliada. Pola súa banda, a reporteira Ariadna Leis irá ata o concello de Laxe para vivir o emocionante naufraxio e a procesión que cada ano organizan para honrar a Virxe do Carme. Belén Vara achegarase ata Sada. Alí, e como parte das súas festas patronais, celebran unha gran sardiñada a que acoden milleiros de persoas.  E Antía Muíños viaxará a Xinzo de Limia para vivir en primeira persoa a espectacular Festa do Esquecemento, que recrea a chegada dos romanos a este concello ourensán.As cámaras de "Vaia Troula" tamén estarán presentes no multitudinario Entroido de verán de Redondela, na Xira dos Caneiros en Betanzos e nas festas de Monterredondo en Padrenda. As festas da confraría, en Oza-Cesuras, a celebración da