O programa “Vaia Troula” viaxa este domingo ao concello pontevedrés de Ponteareas, onde celebran un ano máis a súa Festa de San Miguel.  Pola súa parte, Antía Muíños viaxará ata o concello de Brión para vivir a romaría de Santa Minia. A reporteira Ariadna Leis irá a Baiona para gozar da romaría de San Cosme e San Damián, que remata cunha Feira de Noces e Mel moi concorrida. E Belén Vara achegarase a Silleda para celebrar con todos os veciños da parroquia de Ponte unha nova edición da Festa do Chourizo ao Viño. As cámaras de “Vaia Troula” tamén estarán presentes nas Festas de San Miguel de Monterroso, na romaría de San Breixo, en Barro, e no Mercado Medieval de Lavadores, na cidade de Vigo. A romaría de San Campio de Outes, a Festa de San Miguel da Torre, en Vilagarcía de Arousa, e a Festa da Fabada da Laracha completan as propostas do programa deste domingo.